jueves, 3 de abril de 2008

Carmen,Patricia C.,Nuria,Patricia M.

Cuestión 1:

Non permmitimos a morte do cidadán chinés, posto que denotaría un grande egoísmo pola nosa parte se permitísemos a morte dunha persoa polo simple feito de mellorar a nosa situación económica, correndo o risco de chegar a bancarrota novamente e sen embargo o chinés non ten a oportunidade de decidir nin despois da morte ten unha nova opción.

Cuestión 2:

Salvariamos a aquelas persoas que aportan un ben maior para a sociedade; ó médico, ó estudante,á profesora, á empregada do fogar e ó barrendeiro;posto que estes son aqueles que aportan un servizo a sociedade. Ademáis destas persoas poderian salvarse tamén o neno de dous anos e a nena de catro posto que debido ao seu pouco peso non presentarían ningun risco para o resto de rescatados e terían así unha oportunidade.

Cuestión 3:

Os xuizos éticos non expresan nin verdades nin falsedades posto que soamente se expresan opinións e sentimentos.

No hay comentarios: